{"id":28,"date":"2008-09-05T11:39:12","date_gmt":"2008-09-05T09:39:12","guid":{"rendered":"http:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/o-kernel-de-linux-aspectos-legais"},"modified":"2008-09-05T11:39:12","modified_gmt":"2008-09-05T09:39:12","slug":"o-kernel-de-linux-aspectos-legais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/2008\/09\/05\/o-kernel-de-linux-aspectos-legais\/","title":{"rendered":"O Kernel de Linux: aspectos legais"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/o-kernel-de-linux-recursos-e-cultura-organizativa\">O kernel<\/a> \u00e9 un gran proxecto con moitos m\u00f3dulos e c\u00f3digo de diversos autores coa posibilidade de ter licencias diferentes. Por\u00e9n, debido a que nun primeiro momento foi licenciado coa <a href=\"http:\/\/www.gnu.org\/licenses\/gpl-2.0.html\">GPLv2<\/a>, as aportaci\u00f3ns posteriores te\u00f1en que ser <a href=\"http:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/elexindo-licencia-para-o-codigo\">compatibles con esa licencia<\/a>.<\/p>\n<p>As\u00ed, na pr\u00e1ctica, p\u00f3dese dicir que <strong>o kernel est\u00e1 licenciado coa GPLv2<\/strong>, o que significa que \u00e9 posible usalo para facer produtos derivados a partir dese c\u00f3digo sempre e cando o resultado sexa licenciado cunha <a href=\"http:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/elexindo-licencia-para-o-codigo\">licencia compatible coa gpl<\/a>.<\/p>\n<p><strong>A GPL e os <em>Loadable Kernel Modules<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A pesar da <a href=\"http:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/elexindo-licencia-para-o-codigo\">breve introduci\u00f3n que escribimos \u00f3 respecto das licencias<\/a> e <a href=\"http:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/a-xestion-do-copyright\">a xesti\u00f3n do copyright<\/a> (tam\u00e9n no <a href=\"http:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/copyright-e-licencia-dos-pfc-nas-universidades-galegas\">\u00e1mbito galego<\/a>), o mundo legal \u00e9 complexo e existen alg\u00fans puntos grises que non est\u00e1n resoltos. <strike>Principalmente porque a GPL nunca tivo que enfrentarse a <a href=\"http:\/\/www.gpl-violations.org\/news\/20060922-dlink-judgement_frankfurt.html\">un xu\u00edzo no que se dictase sentencia<\/a>.<\/strike> <em>(ver comentarios: gracias Fran polas aportaci\u00f3ns!)<\/em>.<\/p>\n<p>Un dos aspectos grises \u00e9 &#8230; <strong>\u00bfqu\u00e9 se considera traballo derivado?<\/strong>, e polo tanto, est\u00e1 baixo \u00e1s leis do copyright. A idea m\u00e1is habitual neste sentido \u00e9 que <em>un programa de software B consid\u00e9rase traballo derivado dun programa A cando B re\u00fasa c\u00f3digo fonte de A<\/em>.<\/p>\n<p>Seguindo a anterior aseveraci\u00f3n, os m\u00f3dulos que se cargan no kernel en tempo de execuci\u00f3n non son considerados traballos derivados xa que non re\u00fasan o c\u00f3digo fonte do kernel (non son compilados como un todo), sen\u00f3n que simplemente fan uso das API p\u00fablicas para <em>&#8220;conectarse&#8221;<\/em> \u00e1s s\u00faas funcionalidades (kernel e m\u00f3dulo comp\u00edlanse por separado e o seu <em>\u00fanico contacto<\/em> \u00e9 como binarios en tempo de execuci\u00f3n).<\/p>\n<p>As\u00ed, <a href=\"http:\/\/www.linuxjournal.com\/article\/1297#N0xa50890.0xb46118\">ser\u00eda t\u00e9cnica e legalmente posible realizar un m\u00f3dulo propietario para o kernel<\/a>.<\/p>\n<p>Mais existe unha raz\u00f3n principal (m\u00e1is al\u00e1 das \u00e9ticas) que desaconsellan facelo: <em>o mantemento do m\u00f3dulo ser\u00e1 m\u00e1is costoso<\/em>. \u00d3 ser propietario non \u00e9 posible beneficiarse dos aportes da comunidade; esto implica, por exemplo, que ningu\u00e9n avisar\u00e1 de cambios nas API do kernel, nin poder\u00e1n ser correxidos os bugs: ser\u00e1 necesario estar \u00f3 tanto dos cambios, realizar as probas de mantemento con cada versi\u00f3n publicada do kernel e actualizalo \u00f3 longo do tempo.<\/p>\n<p><strong>COPYRIGHT HOLDERS<\/strong><\/p>\n<p>Logo de analizar o kernel dende o punto de vista da licencia, fac\u00e9molo agora dende o do copyright.<\/p>\n<p>O <strong>copyright de cada unha das aportaci\u00f3ns pertence \u00f3 propio autor que a realizou<\/strong>. A diferencia doutros proxectos (como o <a href=\"http:\/\/www.gnu.org\/licenses\/why-assign.html\">caso da FSF<\/a> e da <a href=\"http:\/\/www.apache.org\/licenses\/#clas\">Fundaci\u00f3n Apache<\/a>), o kernel non pide unha cesi\u00f3n do copyright. Esta situaci\u00f3n implica que un cambio de licencia debe ser negociado con todos e cada un dos implicados.<\/p>\n<p>Por outra banda, a licencia GPL pos\u00fae un mecanismo que facilita o relicenciamento: existe unha cl\u00e1usula coa que se pode indicar que o proxecto pode usar unha determinada <a href=\"http:\/\/www.gnu.org\/licenses\/gpl-2.0.html\">versi\u00f3n da GPL ou calquera superior<\/a> (x ex: <em>GPLv2 or later, <\/em>ver punto 9). O kernel <a href=\"http:\/\/lkml.org\/lkml\/2006\/1\/25\/273\">tampouco usa esta f\u00f3rmula<\/a>.<\/p>\n<p>Deste modo, vemos que <a href=\"http:\/\/www.fsfe.org\/en\/fellows\/ciaran\/ciaran_s_free_software_notes\/about_gplv3_can_the_linux_kernel_relicense\">futuros procesos de relicenciamento do proxecto requerir\u00e1n o contacto e aprobaci\u00f3n de cada un dos autores<\/a> (que pode ser dificultoso como xa temos visto noutros casos: <a href=\"http:\/\/www.mozilla.org\/MPL\/relicensing-faq.html\">mozilla<\/a> e <a href=\"http:\/\/techbase.kde.org\/Projects\/KDE_Relicensing\">kde<\/a>), ou simplemente descartar ese c\u00f3digo e refacelo dende cero.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O kernel \u00e9 un gran proxecto con moitos m\u00f3dulos e c\u00f3digo de diversos autores coa posibilidade de ter licencias diferentes. Por\u00e9n, debido a que nun primeiro momento foi licenciado coa GPLv2, as aportaci\u00f3ns posteriores te\u00f1en que ser compatibles con esa licencia. As\u00ed, na pr\u00e1ctica, p\u00f3dese dicir que o kernel est\u00e1 licenciado coa GPLv2, o que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[4,6],"tags":[],"class_list":["post-28","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sw-libre-analisis-de-casos","category-aspectos-legais"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.igalia.com\/premio-pfcsoftwarelibre-2008\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}