Premio ó Mellor PFC con Software Libre
Mañá martes 10 de abril ás 12.30, preséntase na sala de graos da Facultade de Informática da Coruña (FIC) o “Premio ó Mellor Premio Fin de Carreira (PFC) con Software Libre“.
O Premio está organizado por Igalia e nel colaboran as 3 universidades galegas e a Consellería de Innovación a través de mancomun.org.
Inclúo a continuación a nota de prensa:
Igalia, a empresa galega de Software Libre, convoca o Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2007, o cal xurde para fomentar o acercamento e coñecemento dos universitarios galegos sobre o Software Libre (SwL) e promover o emprego de calidade baseado nas tecnoloxías da información e da comunicacion.
O obxectivo é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando ó mellor deles con 1,000 € e a difusión pública do mesmo.
O período de inscrición vai dende o 31 de marzo ata o 31 de outubro de 2007, podendo participar calquera estudante dunha universidade galega que defenda o seu PFC cunha nota mínima de 5.0 nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do presente ano.
A iniciativa, coa que colaboran as 3 universidades galegas e a Consellería de Innovación a través de Mancomun.org: “Iniciativa Galega polo Software Libre”, será presentada o mes de abril nas principais facultades e escolas técnicas de Galicia:
* Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Martes 10 de abril ás 12.30.
* ETSE Telecomunicacións da Universidade de Vigo, dentro do VII Foro de Emprego. Xoves 12 de abril ás 16.00.
* Escola Superior de Enxeñería en Informática da Universidade de Vigo (Ourense). Luns 16 de abril ás 12.00.
* Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago. Xoves 26 de abril ás 12.00.
O Premio de 1,000 € entregarase no salón de actos da Facultade de Informática da Coruña na terceira semana de novembro, podendo o xurado decidir a concesión dun accésit de 500 €.
Trackbacks
Trackbacks are closed.