Participación no VII Foro Emprego Tecnolóxico

Posted by javi vazquez on April 03, 2007

A próxima semana, Igalia estará presente no VII Foro de Tecnolóxico de Emprego, celebrado cada ano no campus Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo co obxectivo de facilitar o achegamento dos estudantes de carreiras técnicas ás empresas tecnolóxicas.

Persoalmente, sempre pensei que era unha iniciativa digna de recoñecer e premiar, polo que a nosa participación e apoio ó mesmo é un motivo de ledicia para mín, ademáis dunha forma de aportar a nosa pequena contribución.

Por unha banda, teremos un stand onde se poderá recoller material impreso sobre as características de Igalia. Unha voluntario da organización, eu mesmo e outra persoa da empresa estaremos á disposición dos estudantes para expricarlles como é isto de vivir a experiencia Igalia, probablemente a mellor empresa para traballar en Software Libre dende Galicia para o mundo.

Por outra banda, o xoves 12 ás 4 da tarde tocarame dar unha presentación sobre o noso proxecto empresarial, como iniciativa cooperativista de softwre libre fundada por estudantes recén licenciados alá polo (xa lonxano) 2001.

Ademáis de contar a experiencia da empresa, presentaremos esa tarde algo do que saberedes nos próximos días, unha pequena sorpresa que algún xa coñecedes, pero non quero robarlle protagonismo o anuncio oficial :).

Por último, o venres 13 estaremos no coffee-break para seguir explicando que significa formar parte de Igalia, vantaxes e virtudes dun proxecto asambleario e cooperativista ó redor do Software Libre.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.