A informática no ensino

Posted by javi vazquez on May 10, 2006

No diario “El Norte de Castilla”, publícase un interesante artigo de opinión do Decano do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Castela e León.

No citado artigo, de forma sinxela, refírese a necesidade da asignatura de Informática como obrigatoria no ensino secundario, algo non recollido na LOE (Ley Orgánica de Educación), pero que pode ser lexislado por cada comunidade autónoma.

Na Galiza existen miles de centros de educación secundaria, cadanseu coa súa aula de informática, en algúns (ou moitos) dos casos infrautilizadas ou, simplemente, cos ordenadores todavía metidos en caixas. Esta situación é común tamén en outras comunidades e relativamente lóxica, xa que moitos centros non teñen profesorado formado para utiliza-lo equipamento e sacarlle partido.

Por outra banda, dada a nosa dispersión xeográfica, pode chegar a ser tremendamente custoso, incluso insostible, dar soporte de primer nivel ou solventa-los problemas técnicos cando é necesario o desprazamento, razón de máis para ter profesorado formado e capaz de certo nivel de soporte en cada centro.

Por poñer un exemplo, na Comunidade Valenciana, teñen tomado varias medidas para intentar correxi-la situación de potencial analfabetismo dixital:

  • Creación da distribución educativa LLiurex, basada en GNU/Linux
  • Convenio coas universidades da Comunidade para incluir o sistema Lliurex nos contidos da carreira de Maxisterio
  • Rede de centros de soporte a infraestructura informática dos centros educativos
  • Prototipado de solucións técnicas e de despregamento das aulas educativas
  • Lexislación para a inclusión da asignatura de Informática como obrigatoria no ensino secundario

De tódalas accións, é con seguridade esta última a que incrementa as posibilidades de éxito, xa que garante a presenza de alo menos un docente capacitado para resolve-los problemas máis básicos, e tamén axuda-los seus compañeiros, en cada centro. Un promotor do uso das aulas e sistemas informáticos, con reducción de horas docentes como incentivo e contrapartida lóxica.

Valencia foi a primeira en lexislar para correxir parte do problema. Eu pregúntome, que estamos ou temos pensado facer en Galicia?

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.