Marcelo Branco en Santiago

Posted by javi vazquez on March 28, 2006

Marcelo Branco estará en Santiago de Compostela o próximo xoves 30.

Como xa comentará nun post (inglés) fai un mes, Marcelo foi contratado pola Generalitat de Catalunya para levar a “International Network of Public Administrations for Free Software” (inglés), ou que é o mesmo, un intento para fomenta-la colaboración entre as Administracións Públicas con respecto ó software libre.

O xoves pasará o día reunido coa xente da Consellería de Industria e o CESGA, e as 19.30 participará nun Encontro coa Comunidade de Software Libre de Galicia, na Escola Técnica Superior de Enxeñerías (ETSE), Sala de Reunións, 1º Andar.

Pedíume por email que llo comentase a tódolos grupos de Software Libre de Galicia, así que xa o sabedes, se queredes ter información de primeira man sobre os proxectos de software libre na Administración Pública e como están a colaborar entre elas, non deixedes de acudir á ETSE este xoves 30/3/06 ás 19.30.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.