O IGAPE, a mellora da productividade e o software libre

Posted by javi vazquez on March 23, 2006

Con data 17 de febreiro de 2006 o IGAPE aprobaba as bases reguladoras das axudas á mellora da productividade empresarial.

Un dos capítulo das axudas titúlase “Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto”, e está dotado con 600.000 €, cen millóns das antigas pesetas.

Está orientado á parametrización, personalización e implantación gratuíta de software de xestión libre a PYMES galegas de calquera sector, subvencionando parcialmente os custos de persoal da empresa de software que faga o traballo.
A filosofía da axuda é costear parte do esforzo comercial para probar unha solución de xestión libre existente en un número de PYMEs determinado. Na teoría, por un lado, a empresa de software utilizará esta experiencia para ofrecerlle o producto, esta vez sen subvención, a outras PYMEs, xerando valor e riqueza ó redor do software libre. Por outro lado, habería unha serie de PYMEs que verían mellorada a súa productividade utilizando unha solución de xestión libre.

Como lle comentaba á xente do IGAPE fai dous días, se ben esta é unha iniciativa que demostra interese por potenciar a utilización do software libre na PEME, tanto cliente como proveedora, e polo tanto é algo para felicitalos e alegrarse, hai varias cuestións que poderían terse enfocado doutra maneira.

  • Gratuidade. A PEME beneficiada no ten que pagar nin un can. Así, estamos a potencia-la asociación errónea de “software libre==gratis”. Ademáis, o interese é que a PEME faga un uso real da solución. O darlla gratis, podería non dedicarlle nin un so minuto, non xerando negocio a posteriori para o proveedor nin mellorando a sú productividade, pero firmando a xustificación da subvención.
    O razonable, dende o meu punto de vista, sería que a empresa proveedora puidera factura-las horas de traballo e o cliente pagar só unha parte, porque a outra a paga o IGAPE.
  • Software libre de xestión. A realidade é que máis aló do Compiere (xestión yankie e libre só a medias), non hai ninguna solución de xestión libre válida para PEMEs cun certo volume de negocio ou estructura de persoal. Hainas para micropymes, tal vez para una tenda ou un estanco, como é o caso do software de xestión promocionado pola Xunta de Extremadura, pero nada máis. A axuda está orientada á personalización e parametrización de software libre existente, e resulta que non hai tal software.
  • Orientación sectorial. Escoller un área básica de calquera empresa, a de xestión, ten sentido, sobre todo porque hai moitas pequenas empresas galegas que sigan traballando case con papel e lápis, pero non indicar que sectores son os que o IGAPE quere mellorar e orientalas nese sentido, é un erro.

Podería ser que xurdira algunha iniciativa interesante destas axuda. O fin e o cabo, hai moitas empresas de software, orientadas á PEME, que poderían coller algunha solución libre existente e darlle un par de voltas para optar ós 150.000 € máximos por proxecto. Podería ser, tamén, que algunha empresa de software privativo á que non lle fose alá moi ben, decidise liberar e publicar a súa aplicación de xestión, creando un caso similar o que pasou en Extremadura. Sen embargo, calquera delas sería máis unha cuestión de sorte que outra cousa, ou polo menos eso me parece a mín.

Con todo, teño que felicita-lo IGAPE por ter en conta, por primeira vez, o software libre com tal nas súas axudas, recollendo adecuadamente conceptos máis ou menos complexos sobor licenzas, ou a obligación de telo código do proxecto de xestión en repositorios públicos. É, alo menos, un paso cara adiante.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.