Sementando software Libre por Galicia

Escribo estas liñas en galego para falar das actividades relacionadas co software libre nas que teño participado nestas últimas datas no ámbito local, como parte da misión de Igalia de promover o software libre.

Para comezar, tiven a honra de ser invitado a dar un seminario, por terceiro ano consecutivo, como parte da asignatura de Deseño de Sistemas de Información no Mestrado de Enxeñería Informática impartido na Universidade da Coruña. O obxectivo era conectar o contido da materia coa realidade dun proxecto software desenvolvido en comunidade e para iso analizamos o proxecto e a comunidade de LibreOffice. Recordamos a súa longa historia, estudamos a composición e funcionamento da súa comunidade e botamos unha ollada á arquitectura da aplicación e ás técnicas e ferramentas empregadas para QA.

Ademais, a semana pasada visitei Monforte de Lemos para falar do proxecto empresarial de Igalia e de cómo é posible facer negocios con tecnoloxías de software libre. A invitación veu do IES A Pinguela, no que se imparten varios ciclos formativos relacionados coas TIC. Sempre é agradable dar a coñecer o proxecto de Igalia e incidir non só nos aspectos técnicos senón tamén nos humanos, como o noso modelo de organización democrático e igualitario ou os fortes principios de responsabilidade social. No plano técnico, analizamos distintos modelos de negocio e a súa relación co software libre, e casos prácticos de empresas e comunidades reais.

Charla en IES A Pinguela

Os contidos das dúas charlas, a continuación en formato PDF híbrido (permiten edición con LibreOffice):

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

What is 6 + 8 ?
Please leave these two fields as-is:
IMPORTANT! To be able to proceed, you need to solve the following simple math (so we know that you are a human) :-)