De novo visito a Facultade de Informática da Coruña para participar na seguinte edición das Xornadas Libres que organiza o GPUL. Para esta ocasión preparo un pequeno taller sobre KiCad coa axuda do meu compañeiro Samuel. Trataremos de mostrar un ciclo completo do deseño dun proxecto hardware usando esta ferramenta.
Así que este xoves 25 ás 18:00 haberá KiCad na Facultade, pero non olvidedes botarlle un ollo ao resto de actividades, que abranguen diversos aspectos da cultura libre; sen ir máis lonxe, o meu compañeiro Chema tamén estará alí para convencer aos desenvolvedores noveis da importancia de licenciar o seu software.
Vémonos alí!