Unha breve nota para comentar que LibrePlan vai estar nas próximas Xornadas Libres, organizadas por GPUL na Facultade de Informática da Coruña. Vou ter ocasión de voltar á facultade para presentar a ferramenta e, con sorte, volver a ver algunhas caras coñecidas.
O meu turno é o martes 24 ás 18:00, pero non perdades ocasión de asistir tamén a outras charlas. ¡Véxovos alí!