O Galego en TYPO3 III
April 24, 2008 on 7:40 pm | In TYPO3, Galego, Planet | 1 CommentTYPO3 4.2 foi lanzado onte, o que implica que o galego xa está soportado no core de TYPO3.
Dende este momento calquera que se descargue a versión actual de TYPO3 poderá ter un sitio web funcionando en galego coma un idioma máis.
Se queremos ter o backend de TYPO3 en galego tan só temos que seguir os seguintes pasos:
- Acceder ó módulo Ext Manager (Adm. de Extensións)
- Seleccionar a opción Translation handling
- Seleccionar o idioma Galician - [Galician]
- Premer en Save selection
- Premer en Update from repository
Unha vez feito isto poderíamos escoller o galego como idioma de backend:
- Ir ó módulo User settings (Configuración)
- Seleccionar Galcian - [Galician] no campo Language (Lingua)
- Premer en Save configuration (Gardar configuración)
Ademáis está dispoñible a extensión Static Info Tables (gl) - static_info_tables_gl, que proporciona a tradución ó galego das táboas estáticas de TYPO3.
Para rematar quero lembrar que, como xa sabedes, o galego ten unha conta no servidor de traducións de TYPO3, polo que calquera colaboración para seguir coa tradución de TYPO3 ó galego será benvida.
O Galego en TYPO3 II
November 20, 2007 on 6:51 pm | In TYPO3, Galego, Planet | 1 CommentXa temos unha conta no servidor de traducións de TYPO3 para a lingua galega, e xa están subidas as traducións que fixeramos con anterioridade. Ademais creamos unha páxina no wiki de TYPO3 para a coordinación do equipo de tradución.
A partir de agora (cando se arranxe a conexión entre o servidor de traducións e typo3.org), calquera podería baixarse a tradución do galego dende a opción “Translation handling” da ferramenta “Extension Manager” en TYPO3.
Con isto conseguimos o obxectivo inicial do proxecto “Tradución ó galego do backend de TYPO3“, este proxecto quedaría reemplazado polo traballo do equipo de tradución ó galego en TYPO3.
Estamos abertos a recibir axuda para continuar, mellorar, manter, correxir, … a tradución de TYPO3 ó galego.
O Galego en TYPO3
November 6, 2007 on 6:36 pm | In TYPO3, Galego, Planet | No CommentsA partir da versión 4.2 de TYPO3 o galego será un idioma máis dentro deste CMS. Despois duns cantos correos na lista de tradutores de TYPO3 (que comezaron cun correo de Xavi en xaneiro deste ano) conseguimos que o galego fose incluído no núcleo de TYPO3.
Polo de agora estamos a espera dunha conta no servidor de traducións de TYPO3 para poder subir as traducións que temos feitas ata o momento (o backend e algunhas das extensións máis utilizadas). Pero xa publicamos a extensión static_info_tables_gl para a tradución das táboas estáticas ó galego.
Gracias os meus compañeiros de Igalia polo traballo de tradución e tamén á xente de TYPO3 (en especial a Dmitry Dulepov) por dar os pasos para engadir a nosa lingua en TYPO3.
Powered by WordPress with Pool theme design by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.
Valid XHTML and CSS. ^Top^