III Día do Emprendedor: Google!
Onte mesmo confirmou a súa presencia no itinerario de software libre dentro do III Día do Emprendedor Eduardo Manchón, quen traballa actualmente nas oficinas en Zurich de Google .
Eduardo é un dos fundadores de Panoramio, empresa española de xeolocalización de fotos que foi mercada por Google en 2007. Podedes ler a entrevista que lle fixeron a Eduardo e o seu socio Joaquín no País o ano pasado.
Con todo, o programa definitivo, penso que moi interesante
, queda como segue:
09.30-10.15 “Gurús da Rede”
Juan Freire. Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas…
Eduardo Manchón. Google, Panoramio, …
10.15-11.00 “Empresas preto de ti”
Igalia. Cooperativismo e software libre dende Galicia para o mundo.
Allenta. Roberto Moreda.
13.00-13.45 “Distintas fórmulas cara o éxito”
Ikusnet. Dani Armendáriz. Cooperación e horizontalidade en torno ao software libre.
e-Box. Nacho Correas. Na búsqueda de capital risco.
13.45-14.30 “100% software libre, pero _sen_ software”
Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz.
Non esperades para inscribiros a través da web do evento!.
III Día Galego do Emprendedor 2008: Software Libre
O programa do III Día do Emprendedor xa está completo e pode ser consultado na propia web da xornada, da que extraio o texto de presentación seguinte:
O vindeiro 15 de Maio, Santiago de Compostela acollerá a celebración do III Día Galego do Emprendedor. No ámbito da iniciativa promovida dende o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a realización destas xornadas sobre emprendemento en todas as Comunidades Autónomas, o Igape e BIC Galicia impulsan este evento co obxectivo fundamental de promover e alimentar o espírito emprendedor e, deste xeito, transmitir as claves que permitan emprender en Galicia nun ámbito de innovación e competitividade.
Baixo o paraugas de AGASOL e a través de Igalia, confeccionamos o itinerario adicado a Software Libre e modelos abertos de negocio, co programa seguinte:
09.30-10.15 “Gurús da Rede”
Juan Freire. Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas…
10.15-11.00 “Empresas preto de ti”
Igalia. Cooperativismo e software libre dende Galicia para o mundo.
Allenta. Roberto Moreda.
13.00-13.45 “Distintas fórmulas cara o éxito”
Ikusnet. Dani Armendáriz. Cooperación e horizontalidade en torno ao software libre.
e-Box. Nacho Correas. Na búsqueda de capital risco.
13.45-14.30 “100% software libre, pero _sen_ software”
Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz.
Tendo en conta o elevadísimo número de persoas que acudirán as diferentes sesións paralelas, é recomendable rexistrarse a través da web do evento.
III Día do Emprendedor: programa v0.9
A pouco máis dun mes para o III Día do Emprendedor promovido polo IGAPE, dende AGASOL temos practicamente definido o programa. A versión 0.9 do mesmo sería a seguinte:
10.00-10.45 “Gurús da Rede”
Juan Freire. Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas…
10.45-11.30 “Empresas preto de ti”
Igalia. Cooperativismo e software libre dende Galicia para o mundo.
Allenta. Roberto Moreda.
13.00-13.45 “Distintas fórmulas cara o éxito”
Ikusnet. Dani Armendáriz. Cooperación e horizontalidade en torno ao software libre.
e-Box. Nacho Correas. Na búsqueda de capital risco.
13.45-14.30 “100% software libre, pero _sen_ software”
Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz.
Nunhas semanas confirmaremos o horario definitivo e, tal vez, engadiremos algún invitado/a a maiores.
Modestia a parte
, penso que o programa vale a pena, xa que conseguimos xuntar a morea de persoeiros con interesantes e amenas historias que compartir. Espero que vos guste.
Recordade, xoves 15 de maio en Santiago de Compostela, no Palacio de Congresos. Vémonos!
III Día do Emprendedor
A petición do IGAPE, baixo o paraugas de AGASOL e a través de Igalia, estamos a preparar o itinerario de novos modelos de negocio para o III Día do Emprendedor, o 15 de maio en Santiago de Compostela.
A programación estámola a preparar entre o xerente de AGASOL -Luis Alberto-, eu mesmo e a inestimable axuda de Juan Freire, a quen invitamos a participar e nos está a dar un montón de boas suxerencias sobre posibles persoas/experiencias a invitar.
A idea xeral é formular unha xornada ao redor do Software Libre e as novas fórmulas de organización abertas e en rede, orientada o xoven e numeroso público, ofrecendo experiencias emprendedoras en primeira persoa, de maneira informal e cercana.
Nas 3-4 horas das que disporemos, optamos por unha división de 4 bloques ou slots, coa orientación seguinte:
—————————————————-
“Novos modelos de negocio: Emprendemento 100% Software Libre”
—————————————————-
1. “Gurús da rede”: Juan Freire, ¿invitado sorpresa?
Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas… Aos bos xogadores, tipo Robinho, Messi e similares, lles deixamos liberdade e a ver que pasa
2. “Empresas preto de ti”: 2-3 empresas socias de AGASOL
15′ por empresa para explicar o seu caso particular: por que emprender, como o fixeron, por que en torno ao software libre, etc. Realidades cercanas e sinxelas, 100% dieta galega, sen aditivos.
3. “Distintas fórmulas cara o éxito”: Ikusnet, e-Box, ¿outra sorpresa?
Emprendemento social, capital risco, vender a empresa a…
Dani Armendáriz, de Ikusnet, explicaranos como é iso dunha SLL (Sociedade Limitada Laboral) formada por pequenas empresas ao longo de todo o Estado, son case tan raros coma Igalia
Nacho Correas, de Warp/e-Box, o cal collín onte facendo as maletas para San Franciso (de novo
), poderá contarnos a súa viaxe na búsqueda de capital risco.
E, ao mellor, incluimos unha sorpresa bomba a maiores…
4. “100% software libre, pero _sen_ software”: ¿?, ¿?, ¿?
Estamos a contactar con proxectos construídos ao redor da tecnoloxía, relacionamos tamén co mundo do SwL, pero non dirixidos ou creadas por enxeñeiros, para complementar a visión dos capítulos anteriores. Irémosvos actualizando ao respecto…
—————————————————-
Co obxectivo de recibir o voso feedback, a modo de construción colaborativa do programa, e tamén por ir acrecentando o interese neste III Día do Emprendedor, confío en que comentedes a vosa opinión a través do propio blog o no meu email -jvazquezATigaliaDOTcom-.
Vémonos o 15 de maio en Compostela!
AGASOL nos medios
Dende a posta en marcha de AGASOL uns meses atrás, temos aparecido de forma recurrente no medios, sobre todo en radio e prensa escrita.
Estos días están a ser especialmente intensos, cunha reportaxe publicada en LaRegión (Ourense) e Atlántico Diario (Vigo) o domingo pasado, unha entrevista hoxe xoves para Onda Cero e unha última reportaxe para Expansión publicada na edición galega do periódico salmón do luns próximo.
Con todo, a actividade da Asociación segue adiante, agora mesmo embarcados na tarefa de sumar masa crítica aos grupos de traballo existentes, con 18 empresas asociadas actualmente.
Os grupos de traballo, ou comunidades de software libre, en torno os que estamos a agrupar empresas co obxecto de traballar de forma colaborativa ou, o que o mesmo, ofertar proxectos de forma conxunta, son as seguintes:
- Software libre de intranet para xestión de servizos de rede
- Software libre de xestión: ERP, CRM, ECM
- Software libre de xestión de contidos: o CMS LAMP Typo3
Unha vez pechados os grupos de empresas, algo que faremos nas próximas 2-3 semanas, poderemos organizarnos de forma eficaz e optar ás oportunidades de negocio que xa temos sobre a mesa de AGASOL.
Todas aquelas empresas interesadas en sumarse a algún destes grupos, ou con ánimo para propor un novo, so teñen que dirixirse a nós a través do formulario de contacto da web da Asociación.
Axudas TIC 2008
O pasado luns 26 tiven a ocasión de participar na inauguración das xornadas de sociedade da información organizadas por Aje Marineda, a asociación de xoves empresarios da Coruña, en representación de AGASOL.
O primeiro día destas xornadas estaba adicado ao software libre, contando coa participación de:
- Marcos Abel, de Trabe Soluciones, quen deu unha charla sobre software libre perfectamente enfocada a empresarios non TIC.
- Suso Baleato, de mancomun.org, quen presentou a iniciativa de ferrramentas de sofware libre para a PEME.
- Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Industria, quen nos adiantou as liñas de axuda TIC do ano 2008.
Sobor desto último, cabe destacar o cambio da liña de axudas TIC con respecto a anos anteriores. Se ben en 2007 xa existía unha maior intensidade de subvención e axuda a solucións TIC e proxectos baseados en software libre, en 2008 o compromiso será total: non se subvencionarán licenzas de software privativo de productos xenéricos coma ERPs, BBDD, CRMs e un longo etc.
Ainda que as bases das liñas de axuda están todavía pendentes de diversos trámites administrativos, se non me engana moito a memoria, os 5 millóns de euros das axudas TIC en 2008 repartiranse máis ou menos como segue:
- Infraestrutura interna das empresas. Melloras sustancias nos sistemas de información e conectividade de empresas TIC e non TIC. 0,75M €.
- Aplicacións informáticas para empresas non TIC. Implantación de aplicacións baseadas en código aberto xa desenvolvidas ou desenvolvementos a medida. 2,75M €
- Apoio ao desenvolvemento do sector TIC. Apoio a desenvolmento de novos proxectos TIC de código aberto. 1M €.
- Formación técnica e promoción do sector TIC. 0,5M €.
Sen dúbida, estas axudas están totalmente aliñadas co definido no PEGSI, e representan un apoio inequívoco da nosa administración a todas as empresas TIC adicadas ao software libre. Parabéns.
AGASOL e software libre para PEMEs: entrevista en Radio Voz
Hoxe luns emitiuse no espacio para empresas de Radio Voz unha entrevista [ogg] (castelán) sobre AGASOL e a xornada de traballo Ferramentas Informáticas para PEMEs no que colaboramos con mancomun.org.
Como comentaba nun post anterior, a xornada de traballo será o primeiro paso para organizar e capacitar un grupo de empresas que oferten servizos sobre as aplicacións contidas neste DVD promovido pola Consellería de Industria e Innovación.
AGASOL, mancomun e software libre para PEMEs
O próximo mércores 7 de novembre celébrase en Santiago de Compostela unha xornada de traballo sobre software libre para PEMEs organizada por mancomun.org.
A miña participación nesta xornada pasa polo inicio formal da colaboración da Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre (AGASOL) coa administración galega.
Como presidente de AGASOL, compartirei mesa redonda con Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria; e Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, da Universidade de Vigo.
O obxectivo desta xornada de traballo non é outro que iniciar un proxecto de repositorio de software libre destinado ás PEMEs galegas, contido como fórmula de promoción nun DVD apoiado, promovido e distribuido pola Xunta de Galicia.
Ademáis do propio software contido no DVD, sobre o cal falaremos durante a xornada, é necesario o compromiso e capacitación de empresas TIC galegas que poidan dar soporte ao mesmo, co fin último de implantar estas solucións no empresariado non TIC galego, mellorando a súa productividade e capacidade de innovación.
Se somos capaces de articular a colaboración de ‘n’ empresas TIC orientadas ás PEMES, para ofertar servizos sobre un paquete estándar de aplicacións e solucións de software libre, poderemos desenvolver un modelo de canal típico do mundo do software, onde:
- O fabricante de sofware non é único, senón que se corresponde cos diferentes desenvolvedores das aplicacións e solucións libres.
- O apoio de marketing e distribución ven dado non polo fabricante, senón pola administración pública galega.
- O canal de implantadores, integradores e consultores está formado por empresas galegas de servizos TIC interesadas no software libre.
O papel de AGASOL non é outro que servir de interlocutor válido ante a administración nesta iniciativa, colaborando de forma directa co resto de asociacións TIC e contribuindo a articulación do modelo de forma sostible.
Eso si, a xornada de traballo do próximo mércores 7 de novembro non é máis que o primeiro paso para debater sobre as aplicacións a incluir e conseguir a masa crítica de empresas mínima necesaria.
Espero encontrarme alí co maior número posible de empresas de servicios TIC orientadas ás PEMEs, ben traballen agora con software libre ou privativo.
Asamblea constituinte de AGASOL
Hoxe pola mañá celebrouse en Santiago de Compostela a asamblea xeral constituinte de AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre), durante a cal se elixiu xunta directiva e se aprobaron os seus estatutos.
Desta forma, nace por fin unha iniciativa empresarial galega orientada a:
- Promocionar o Software Libre coma ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
- Servir de interlocutor ante a Administración Pública galega, para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
- Fomentar e artellar a colaboración entre os seus socios, facilitando a xeneración de novas oportunidades de negocio en base á posta en común de coñecementos e experiencias, cun enfoque definido e baixo o “paraugas” dunha marca común.
AGASOL nace con 12 empresas socias: Aitire, Allenta, Bora Telecom, Igalia, Imagos, Inforede, Pexego, Redegal, Signo, Tegnix, Ultreia Comunicaciones e Wireless Galicia.
A xunta directiva queda conformada como segue:
- Presidente: Javi Vázquez de Igalia.
- Vicepresidente: Alejandro Escobar de Aitire.
- Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede.
- Tesoureiro:Xaime Garaboa Fernández de Signo.
- Vocal: Pedro Silva Franco de Tegnix.
- Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom.
- Vocal: Xurxo Cegarra González de Wireless Galicia.
- Vocal: Rubén Rodríguez Pérez de Imagos.
No mes de setembro, tralas vacacións, será presentada a súa web e seleccionarase o seu xerente.
Mentras tanto, calquera outra empresa interesada en coñecer con máis detalle as motivacións e obxectivos de AGASOL, pode porse en contacto conmigo mesmo ou calquera dos membros das restantes empresas socias.
Persoalmente, quero darlle as gracias tanto os membros de AGASOL coma os meus compañeiros en Igalia por permitirme iniciar este proxecto colectivo, o cal nace coa ilusión de servir como plataforma de despeque para as empresas de Software Libre dende Galicia para o mundo.
Resultado da Xuntanza: Asociación Empresas Galegas de SwL
Como sabedes, onte mércores 23 de maio celebrouse una xuntanza de empresas na ETSE de Santiago de Compostela, co obxectivo de evaluar e debatir sobor da creación dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
Nela, 10 empresas falamos sobre a necesidade, motivacións e obxecto de formar unha asociación que represente os intereses da industria do Software Libre en Galicia, coas conclusións básicas seguintes:
- É necesario crear en Galicia unha Asociación de Empresas de Software Libre.
- A Asociación estará aberta a todas aquelas empresas alineadas cos seus intereses:
- Fomento do Software Libre como ferramenta útil para desenvolver á sociedade da información en Galicia.
- Representación colectiva ante a Administración Pública Galega, para asesorala e apoiala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
- Promoción da colaboración de negocio entre as empresas socias, así como servir de nexo de unión coas empresas do resto do Estado.
- Formase un grupo de traballo para dar os primeiros pasos na creación da asociación.
Persoalmente, considero moi satisfactorio o resultado da xuntanza, tanto polos que estivemos presentes nela como polos que mostraron o seu interese, a pesares de non poder vir.
Nos próximos días seguiremos informando sobre os pasos que se vaian dando, estando dende xa abertos a sumar a outras empresas interesadas ao grupo de traballo formado onte.