Presentación de Galinux

Posted by Javi Vázquez on December 12, 2008

Onte participei no evento de presentación de Galinux, sistema operativo libre “galeguizado” baseado en Ubuntu.

É relevante dicir que Galinux non é unha nova distribución ou sistema operativo, senón a aplicación dun metapaquete desenvolvido por Mancomun para “galeguizar” calquera distro libre, como foi o caso baseado en Ubuntu que se presentou onte en Santiago.

A idea do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Mancomun é que calquera poida reaproveitar o traballo feito por eles para “galeguizar” outras distros coma Fedora, Debian, SuSe, etc.

A pesar do meu problema co bote de gomina esa mañá e as pintas de “mario conde” :) , gustoume especialmente o vídeo publicado en A Nosa Terra sobre o evento.

Trackbacks

Use this link to trackback from your own site.

Comments

Leave a response

  1. Paulo Rodriguez Wed, 17 Dec 2008 18:30:53 UTC

    A verdade e que si que che quedou un look bastante Mario Conde… coñas aparte o video esta realmente ben, creo que a miña nai o entenderia que é realmente o proposito destas cousas :-)

Comments

VirtualLNK.Business.Icons Buy Adobe Software oem software bundle

Bad Behavior has blocked 43 access attempts in the last 7 days.