Mancomun.org cumpre un ano
A iniciativa galega polo Software Libre, mancomun.org, cumpre hoxe un ano, tal e como se pode comprobar na súa propia web.
Esta iniciativa ten como principal obxetivo a promoción e difusión do Software Libre, tanto no que respecta á cidadanía como no referido ao tecido empresarial, e é coherente co recollido no PEGSI: promover os estándares abertos e o software libre como unha fórmula para (dito dunha forma moi resumida) reducir a fenda dixital.
Na miña opinión, era algo totalmente necesario en Galicia, non so como axente dinamizador, senón tamén como punto común de información e referencia sobre as iniciativas relacionadas co Software Libre.
Creo que a xente que está detrás de mancomun.org, sendo Jesús e Xoán ós que máis coñezo, por encontralos moi a miudo en todo tipo de actividades e pola axuda que nos prestan na difusión do Premio ó Mellor PFC con Software Libre, está ilusionada e convencida do que fai, o que é algo polo que felicitarse e no que confiar.
Espero que sigan traballando coa mesma ilusión e convencemento dentro dun ano, o que sen dúbida será unha boa sinal da saúde do proxecto, ademáis dunha proba de que se van conseguindo obxectivos.
Seguide así!
Trackbacks
Use this link to trackback from your own site.
