Aposta polo Software Libre da Xunta de Galicia

Posted by javi vazquez on January 10, 2007

Hoxe mesmo aprobouse no Consello de Goberno da Xunta o PEGSI (Plan Estratéxico da Sociedade de Información en Galicia), do que falei a finais de novembro neste mesmo blog.

O PEGSI inclúe varias cuestións referidas á utilización e aposta polo Software Libre e estándares abertos como ferramenta para acabar coa fenda dixital. Algúns exemplos representativos:

Na rolda de prensa posterior [audio, mp3], o presidente Touriño referiuse á aprobación do PEGSI, citando como relevantes as 3 cuestións seguintes:

  • Acceso a internet de banda ancha para todas as poblacións de máis de 500 habitantes garantido en 2009.
  • TETRA, rede única de comunicacións corporativa da Xunta.
  • Puntos de acceso a internet.

Sendo crítico, a miña preocupación ven dada polo que o presidente destacou do plan. Os puntos anteriores son relevantes no tocante ás infraestructuras de base, pero a sociedade do coñecemento e a reducción da fenda dixital non pasa principalmente pola dotación de infraestructuras, senón pola dotación de servicios e a capacitación (alfabetización dixital) para usalos.

Ben é certo que non é posible o segundo sen o primeiro, pero nun País como este, no que todavía existe a teima de cementar ata o rueiro máis recondito, un non pode deixar de ver fantasmas por todas partes.

A dotación de infraestructuras, sen teren formado dixitalmente e dinamizado á poboación, non sirve de nada, polo que sería bo que unha boa parte do presuposto fora encamiñado ó compoñente humano, moito máis incómodo e complexo de xestionar que a fibra óptica ou os ordenadores.

O meu discurso segue sendo o mesmo: o noso futuro pasa por nós mesmos.