Comments on: PEGSI: O futuro da Sociedade da Información en Galicia

by: jvazquez
Ola Rubén!,

en primeiro lugar, desculpa que os teus comentarios pasaran máis de dez días na cola de moderación. A verdade, non me decatei ata hoxe mesmo de que estaban pendentes.

En calquera caso, dicir que concordo contigo parcialmente. É dicir, penso que a maiorías das “consultoras TIC” desnaturalizan o producto a vender, co resultado citado por ti mesmo.

Cando a actividade económica dunha compañía redúcese a por unha persoa nun posto a menor custe que outra, a empresa deixa de ser unha empresa de informática para converterse nunha ETT que non sabe coordinar nin desenvolver proxectos de software, senón xestionar CVs e facturar por eles.

Non concordo contigo na mensaxe catastrofista sobor do futuro do Software Libre por culpa da Administración ou as emprsas.

O Software Libre é un movemento global, afectado coma todas pola relacións coas compañías que desenvolven o seu negocio ó redor do mesmo, pero que non depende do éxito ou catadora moral delas, senón da Comunidade ó completo. A ética do movemento mundial de Software Libre está por riba de calquera individuo ou empresa.

O Software Libre é unha creación colectiva, social e tecnolóxica; é unha innovación rupturista no modo de desenvolver e compartir tecnoloxía (coñecemento); é unha ferramenta para sustentar o desenrolo dunha sociedade diferente, baseada na colaboración ó redor da innovación.

O que é indiscutible, coma ti ben dis, é que temos e teremos o que nos merecemos. O que hai xa o sabemos, o que está por vir depende de todos nós.

by: Rubén Dopico
Sintoo, pero necesito continuar a mensaxe que publiquei hai un anaco…

Resulta que cun modelo empresarial tan “exemplar” coma o retratado na miña anterior mensaxe, vexo difícil que a administración pública se poida involucrar nunha tarefa tan encomiable como é a de dar o recoñecemento debido ó software libre. Sobre todo porque supoño que aparte de que faga unha aposta sobre este software, tamén se lle pediría que deixase caer algunha subvención para fomentar o uso deste software, ou proxectos de I+D relacionados con software libre.

Por desgracia, outra cousa que estou cheo de ver é como as empresas se enchen a solicitar subvencións por proxectos de I+D que finalmente non realizan, e que en moitos casos cobran.  Podiamos dicir que “a culpa e da administración, que non controla estas situacións”, pero realmente, os que estan a malversar estas subvencións son as empresas solicitantes.

O feito de tratar con empresas de tan baixa catadura debería obligar á administración a realizar inspeccións continuamente sobre as empresas que solicitan unha subvención deste tipo. E non simplemente inspeccións realizadas por profanos, senón por personal técnico que pudiese descubrir casos sangrantes coma o de cambiar o aspecto dunha aplicación “open-source” e chamarlle a iso “proxecto I+D para o desenrolo dunha plataforma de creación de portais web”.

Por desgracia, non se queren dar os medios necesarios para resolver situacións coma a descrita. De modo que ó final, nos veremos avocados a ver como se malgastan cartos en proxectos “fantasma”, para finalmente rematar có grifo pechado, e cunha perda de fe total e absoluta no software libre e familia.

Pode parecer unha conclusión algo catastrofista, pero xa se empeza a falar mal de LinEx, e dos poucos froitos que deu un desembolso tan grande coma o feito pola administración extremeña neste proxecto.

En fin, temos o que nos merecemos…

by: Rubén Dopico
Ola,

Antes de nada, e para non crear confusións co meu comentario, adicar os meus eloxios a toda iniciativa que motive a administración pública a valorar con igualdade as solucións aportadas tanto polo software libre como polas empresas privadas.

Sen embargo, non poido estar mais en desacordo coa frase “… maioría das empresas TIC galegas, con modelos de negocio absolutamente respetables…”

Fun traballador de varias TIC galegas, teño amigos traballando en varias delas, e a verdade, polo menos aquelas que se poden considerar punteiras ou modelos polos seus beneficios anuais (vexase Softgal/Tecnocom, Altia, …) distan de ter un modelo de negocio que se poida considerar como “exemplar”.

Casos como Softgal gostan de exhibir pegatinas como as da ISO ou CMM, as cales non son máis que o resultado de capas e capas de maquillaxe sobre proxectos puntuais, que non son en ningún caso unha mostra real da calidade dos productos que soen entregar.

Estas empresas non teñen ningún respeto polos seus clientes, nin pola profesión á que deben os seus beneficios. O seu único obxectivo é o alcanzar unha cifra anual, sexa como sexa. E para alcanzar este obxectivo non dubidan en contratar xente con salarios ínfimos e facelos traballar horas extras sen compensación algunha. Esto, en primeiro lugar, conduce a unha desvaloración da nosa profesión, xa que nunca se vai poder establecer deste modo unha relación directa entre o esforzo necesario para resolver un problema e os cartos que custa.

En moitos casos, a formación do persoal baséase na experiencia e en incontables horas de búsqueda en foros, etc…, e non en planes de desenrolo específicos. Por iso, a maior parte das solucións entregadas a clientes son extremadamente complexas e custosas de manter e ampliar.

É posible que a miña palabra non sexa unha fonte fiable. Pero seguramente si o sexan as moitas opinións volcadas en sitios como www.trabajobasura.com, as cales debuxan con claridade o auténtico retrato do modelo de negocio empregado polas TICs do noso pais. E por desgracia, non hai moitos piropos nesas declaracións…