Programa de Voluntariado Dixital: sesión sobre GNU/Linux, GNOME e accesibilidade

Onte o meu compañeiro Alejandro Piñeiro e máis eu tivemos ocasión de participar como formadores no Programa de Voluntariado Dixital, no que Igalia actúa como mecenas. Introducimos a filosofía do software libre, o sistema operativo GNU/Linux, amosamos o escritorio GNOME en acción, as súas ferramentas de accesibilidade e unha pequena mostra do software dispoñible.

Como axuda para os asistentes elaborei un documento a modo de guía, que explica algunhas das cousas que practicamos durante a sesión de formación, e que espero sirva como referencia para usuarios ou como base para accións formativas no futuro. Aínda estou tentado a engadir algúns apartados máis cando teña un minuto…

Por último gustaríame agradecer á organización esta oportunidade para promover o software libre, un dos pilares da nosa compañía; e tamén aos asistentes a súa atención e interese. Foi unha grata experiencia como formador, e espero que fose de proveito para todos.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *